Álbums ilustrados sen gastos de envío

Podes adquirir dende a nosa web os contos dos nosos espectáculos familiares.

“Roedores”, “A Nena Que Quería Navegar” e “Contos do Recreo” son tres álbums ilustrados por Rodrigo Chao sobre os contos de Alex Sampayo e Borja F. Caamaño. Teñen un acabado de alta calidade con tapa dura nun tamaño de 25,5 por 24 centímetros e 32 páxinas a toda cor.

Roedores“, cun prezo de venda de 12€, está indicado para nenas e nenos a partir dos 3 anos.  “A Nena Que Quería Navegar” e “Contos do Recreo“, cun prezo de venda de 15€, é recomendable a partir dos 5 anos.

“Contos do Recreo” ten unha exclusiva edición tan só de venda na web que inclúe un CD coas cancións do espectáculo.

Pola compra de calquera edición de “A Nena Que Quería Navegar” ou “Contos do Recreo” recibirás como agasallo un fantástico caderno do espectáculo.