VOLVE A ESPECTÁCULOS

Libro Roedores

12.00 €

VENTA DE LIBROS VENTA DE LIBROS

Roedores

  • Familiar
  • Comedia
  • 50'
TRAILER
GALERÍA
FICHA

Peludiño é un hámster que escapou da súa gaiola para vivir aventuras na cidade. Munda é unha rata soñadora que pasa as noites rebuscando no lixo para levar comida aos seus irmáns. Estes dous roedores terán que deixar atrás os seus prexuízos e traballar en equipo para vencer ao temido gato Beche. Xuntos aprenderán que son máis parecidos do que eles pensaban e que as diferenzas fanos especiais. Ao fin e ao cabo… “Todos somos Roedores”

Roedores é un espectáculo familiar con música en directo no que se fomenta a igualdade. A través das aventuras de Peludiño e Munda a infancia achegarase a conceptos como a igualdade de xénero, de oportunidades, social, de dereitos… E comprenderán o valor da amizade, do traballo en equipo e da propia aceptación.

Elenco: Guillermo Carbajo, Laura Míguez, Carlos Álvarez-Ossorio
Dirección: Alex Sampayo
Texto: Alex Sampayo e Borja F. Caamaño
Deseño de iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio
Escenografía: Redrum Teatro e Escenoset
Vestiario: Cloti Vaello
Música: Manuel Riveiro
Espazo sonoro: David Machado
Ilustracións: Rodrigo Chao

Nomeado na categoría de Mellor Espectáculo Infantil nos Premios de Teatro María Casares.

Sheyla Fariña nomeada na categoría de Mellor Actriz Protagonista nos Premios de Teatro María Casares.

28 Abril

A Coruña (Teatro del Andamio)

12:30

COMPRAR ENTRADAS

28 Abril

A Coruña (Teatro del Andamio)

18:00

COMPRAR ENTRADAS

PRÓXIMAS FUNCIÓNS