VOLVE A ESPECTÁCULOS

Libro A Nena

15.00 €

VENTA DE LIBROS VENTA DE LIBROS

A nena que quería navegar

  • Familiar
  • Comedia
  • 50'
TRAILER
GALERÍA
FICHA

A Nena farta de ser o centro das mofas dos seus compañeiros foxe da escola coa intención de non volver nunca máis. Na súa aventura topará co Xeadeiro, un ser máxico e vital, que a base de adiviñanzas, xogos e cancións, devolveralle a autoestima perdida. Ensinaralle que dentro de cada un de nós agóchase un ser único e especial e que só crendo nas nosas capacidades seremos quen de acadar todo o que nos propoñamos.

A Nena que Quería Navegar é unha comedia para público familiar que trata de visibilizar e paliar as consecuencias do acoso escolar a través de técnicas de reforzo positivo e aumento da autoestima. Un espectáculo optimista, colorista, emocionante, reflexivo e festivo no que se mesturan distintas disciplinas como os monicreques, o teatro de obxectos, as vídeo proxeccións e a música en directo.

Elenco: Laura Míguez, Guillermo Carbajo, Carlos Álvarez-Ossorio
Dirección: Alex Sampayo
Texto: Alex Sampayo e Borja F. Caamaño
Deseño de iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio
Vestiario: Diego Valeiras
Escenografía: Redrum Teatro e Escenoset
Música: Suso Alonso
Ilustracións: Rodrigo Chao

Nomeado na categoría de Mellor Espectáculo Infantil nos Premios de Teatro María Casares.

Diego Valeiras nomeado na categoría de Mellor Vestiario nos Premios de Teatro María Casares.

O álbum ilustrado “A Nena Que Quería Navegar” finalista do XIV Premio Frei Martín Sarmiento.

Non hai datas dispoñibles actualmente, consulte próximamente

PRÓXIMAS FUNCIÓNS