HISTÓRICO DE ESPECTÁCULOS

Noiteboa

  • Adultos
  • Comedia
  • 85'
TRAILER
GALERÍA
FICHA

Chega o Nadal a Compostela e con el os agasallos, as panxoliñas, as ceas en familia e o xa tradicional rapto do Neno Xesús da Praza do Obradoiro. 

Ninguén debería cear só en Noiteboa e por iso Mariví fará todo o posible para que durante unhas horas, Arturo, Nico e máis ela sexan unha familia de verdade.

Unha comedia chea de sorpresas e emocións que fala da soidade nas distintas etapas vitais.

Elenco: Mela Casal, Ernesto Chao, Guillermo Carbajo
Dirección: Alex Sampayo
Texto: Alex Sampayo, Borja F. Caamaño
Deseño de iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio
Escenografía: Suso Montero
Maquillaxe e perruquería: Chicha Blanco

Mela Casal premio María Casares á Mellor Actriz Protagonista.

Alex Sampayo nomeado na categoría de Mellor Dirección nos premios María Casares.

Alex Sampayo e Borja F. Caamaño nomeados na categoría de Mellor Texto Orixinal nos María Casares.

PRÓXIMAS FUNCIÓNS