HISTÓRICO DE ESPECTÁCULOS

Moito Conto

  • Familiar
  • Comedia
  • 50'
TRAILER
GALERÍA
FICHA

Pepiño e Manola están a piques de vivir un gran desafío. Enganados pola súa madastra acabarán perdidos no bosque e vivirán unha aventura que os cambiará para sempre: os menos terán nas súas mans o destino dos contos e terán que salvalo convertendo o que consideraban defectos en virtudes.

Unha comedia musical baseada no conto Hansel&Gretel dos irmáns Grimm que trata de estimular a creatividade dos mais pequenos e chegar aos recordos dos maiores. Un espectáculo 100% ecolóxico que incide no respecto ao medioambiente.

Elenco: Mónica García, Tamara Canosa, Guillermo Carbajo
Dirección: Alex Sampayo
Texto: Alex Sampayo, Tamara Canosa, Guillermo Carbajo
Deseño de iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio
Escenografía: Redrum Teatro e Escenoset
Müsica: Manuel Riveiro

Premio do público ao mellor espectáculo na Mostra de Teatro de Malpica de Bergantiños.

PRÓXIMAS FUNCIÓNS