Idiota

  • Adultos
  • Comedia
  • 60'
TRAILER
GALERÍA
FICHA

Un home preséntase a unhas probas psicolóxicas remuneradas. O que pensa que será unha maneira sinxela de conseguir os cartos que precisa para resolver os seus problemas económicos converterase nunha auténtica trampa. Unha atractiva psicóloga formularalle preguntas e enigmas que o porán nervioso obrigándoo a sacar o mellor del para evitar un fatal desenlace.

Esta comedia negra, escrita maxistralmente por Jordi Casanovas, fai unha apoloxía ás incomensurables dimensións da estupidez humana. Protagonizada por Machi Salgado e Susana Sampedro baixo a dirección de Alex Sampayo.

 

Elenco: Machi Salgado, Susana Sampedro
Dirección: Alex Sampayo
Texto: Jordi Casanovas
Deseño de iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio
Escenografía: Redrum Teatro e Escenoset
Vestiario: Guillermo Carbajo

Machi Salgado premio á Mellor Interpretación Masculina no Festival de Teatro Galego do Carballiño.

 Machi Salgado nomeado na categoría de Mellor Actor Protagonista nos Premios María Casares.

23 Outubro

Tui (Teatro Municipal)

21:30

07 Novembro

Redondela (Multiusos da Xunqueira)

20:00

05 Decembro

Padrón (Auditorio Municipal)

21:00

PRÓXIMAS FUNCIÓNS