Hamelin

  • Adultos
  • Drama
  • 90'
TRAILER
GALERÍA
 
FICHA

“Era unha vez unha bela cidade chamada Hamelin. A cidade encheuse de ratas. Ata que alguén fixo soar unha fermosa música”. A versión áspera do conto é máis verosímil e parécese máis ao mundo no que vivimos. No noso mundo, os nenos son os primeiros que pagan. Pagan os vicios dos maiores, as mentiras dos maiores. Neste sentido, o Hamelin que non sabe protexer aos seus nenos é como moitas cidades do noso mundo. Mayorga aborda o tema da pederastia cunha linguaxe e escenas cheas de elipses, onde as cousas quedan aludidas, onde o espectador debe poñer da súa parte para interpretar, para imaxinar, para encher os silencios. Juan Mayorga aborda o tema dunha maneira moi sutil, os silencios dos personaxes encerran grandes verdades, evita unha linguaxe soez e opta por un espectador activo que imaxine máis aló do que se mostra en escena.

Este texto galardoado co Premio Max en 2006, supuxo a consagración definitiva da compañía Animalario que resultou vencedora nos principais galardóns desa edición.

Elenco: Guillermo Carbajo, Roberto Leal, Belén Constenla, Mónica García, Machi Salgado, Rubén Porto e Fran Lareu
Dirección e tradución: Alex Sampayo
Texto: Juan Mayorga
Deseño de iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio
Escenografía: Alex Sampayo
Espazo sonoro: Fernando Epelde
Axte. dirección: Laura Míguez
Fotografías do espectáculo: Alex Sampayo
Fotografías promocionais: Vanessa Rábade
Deseño Cartel: The Office Comunicación
Prensa: Alberto Ramos
Distribución: Guillermo Carbajo

Juan Mayorga premio Max no ano 2006 ao Mellor Autor 

29 Setembro

A Coruña (Teatro Rosalía de Castro)

Hora por determinar

30 Setembro

A Coruña (Teatro Rosalía de Castro)

Hora por determinar

16 Decembro

Ourense (Teatro Principal)

Hora por determinar

PRÓXIMAS FUNCIÓNS