A furia da Amanita

  • Drama
  • 90'
FICHA

Despois dunha década vivindo no estranxeiro, Irene regresa á casa da súa infancia para atoparse cun pai recluído no silencio e a rutina. Entre diálogos fragmentados, recordos intermitentes e tensións ideolóxicas, ambos os dous intentan reconstruir un vínculo roto pola perda, a distancia e os reproches. A furia da Amanita é unha obra sobre o dó, o choque xeracional, a conciencia social e a imposibilidade de fuxir do pasado.

A furia da amanita trata temas universais, contemporáneos e de actualidade como son a guerra e a nosa resposabilidade individual e colectiva con respecto a ela; as relacións parterno-filiais; os conflitos interxeracionais; os traumas da infancia; ou a nosa relación coa morte e a súa aceptación. Trátase dun fabuloso texto cheo de metáforas sobre a nosa relación co medio e a destrución que provoca o ser humano.

Un dos puntos máis interesantes deste texto é a intriga, mantendo en albas ao espectador e desvelando ao longo da peza a realidade dos seus protagonistas, o seu pasado e as causas da súa separación. Ademais o texto deixa incógnitas sen resolver, apostando pola forza da imaxinación das espectadoras e posibilitando que elas poidan pechar a totalidade da história.

Nunha sociedade dominada pola velocidade, o ruído dixital e a perda de vínculos emocionais, A furia da amanita propón unha experiencia de escoita íntima e honesta, onde o amor, o silencio e o trauma se entrelazan sen artificios. O regreso dunha filla á casa familiar convértese nun proceso de memoria viva e nun espello das feridas herdadas do patriarcado e da masculinidade tradicional.

A través do personaxe do pai, a obra explora o dano do silencio e da represión afectiva, convidando á reconciliación e á transformación interxeracional. Ao mesmo tempo, introduce unha dimensión poética e ecolóxica, simbolizada polos fungos e o micelio, que representan os vínculos invisibles que sosteñen a vida e a memoria.

A furia da amanita aborda con honestidade e compromiso temas como a identidade, a culpa, a reparación e a esperanza.

Elenco: Sheyla Fariña e  Miguel Borines
Dirección: Guillermo Carbajo e Alex Sampayo
Texto: Santiago Cortegoso
Deseño de iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio
Deseño de escenografía: José Perozo
Espazo sonoro: Davide González
Deseño de vestiario: María Illobre
Produción: Redrum Teatro
Distribución: Guillermo Carbajo

Texto gañador da Bolsa de Dramaturxia do Centro Dramático Galego 2024/25 

05 Xuño

Santiago (Salón Teatro)

Hora por determinar

06 Xuño

Santiago (Salón Teatro)

Hora por determinar

07 Xuño

Santiago (Salón Teatro)

Hora por determinar

16 Outubro

Teo

Hora por determinar

PRÓXIMAS FUNCIÓNS