ESTREA EN CIUDAD RODRIGO

Os contos do Lobicán fará a súa estrela en castelán neste prestixioso festival

A XXVIII Feria de Teatro de Castilla y León, que se celebrará do 26 ao 30 de agosto en Ciudad Rodrigo (Salamanca), presentará un total de 43 espectáculos, 16 de eles estreas, procedentes de 13 comunidades autónomas e de Portugal.

Os contos do Lobicán, elixida entre as 977 propostas recibidas de 23 países,  terá dous pases o 28 de agosto.

A obra escrita por Eva Mejuto, e que conta co apoio da Xunta de Galicia a través das axudas á producción da AGADIC acadou recentemente o Premio ao Mellor Espectáculo de Monicreques no XXIX Premios de Teatro María Casares.