ÉXITO NO TEATRO JOVELLANOS

Máis de 4000 persoas asisten ás funcións de “El chico de la última fila” en Xixón

O Teatro Jovellanos de Xixón acolleu estes días cinco representacións do noso espectáculo “El chico de la última fila” con texto de Juan Mayorga e protagonizado por Roberto Leal, Guillermo Carbajo, Belén Constenla, Rubén Porto, Machi Salgado e Mónica García baixo a dirección de Alex Sampayo. 

O público xixonés é un gran admirador de Juan Mayorga, que vén de recibir o pasado ano o Premio Princesa de Asturias das Letras, e ateigou o Teatro Jovellanos na función do pasado domingo culminando cun ruidoso aplauso final. 

“El chico de la última fila” é un texto de lectura obrigatoria en secundaria no Principado de Asturias polo que tamén tiveron unha impresionante acollida as catro funcións matinais realizadas o luns e o martes dirixidas a público escolar. 

As cinco representacións foron apoiadas pola Xunta de Galicia a través das axudas á distribución exterior concedidas pola Axencia Galega das Industrias Culturais.