A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR

Estreado no Auditorio Municipal de Ourense o 23 de outubro de 2016

A Nena está farta de ser o centro das mofas dos seus compañeiros, e por iso foxe da escola coa intención de non volver nunca máis. Na súa aventura topará co Xeadeiro, un ser máxico e vital, que a base de contos, adiviñanzas, xogos e cancións, devolveralle a autoestima perdida. Ensinaralle que dentro de cada un de nós agóchase un ser máxico, único e especial, e que só crendo nas nosas capacidades seremos quen de acadar todo o que nos propoñamos.

© 2019 Redrum Teatro

  • Facebook Black Round
  • Instagram Black Round
  • Vimeo Black Round