Redrum Teatro somos unha empresa cultural adicada á produción e distribución de espectáculos teatrais e edición de libros constituída no ano 2009.  Dende a nosa fundación non paramos de producir espectáculos de diferentes formatos sempre cun coidado concepto estético e artístico como selo personal da compañía e cunha clara vontade de entreter.

 

Conscientes de que o teatro debe servir como instrumento social, terapeútico e pedagóxico, fómonos especializado en espectáculos didácticos dirixidos a público infantil con textos da nosa autoría ao tempo que compaxinamos a nosa produción con espectáculos para público adulto, tratando de facer un teatro lonxe de elitismos e que pretende abarcar un público de toda clase de condición social e inclusivo. 

 

Temos pendente de estrea o musical familiar “Contos do Recreo”, o drama social “INVISIBLES” baseado na novela homónima de Montse Fajardo e “IDIOTA”, unha comedia negra escrita polo catalán Jordi Casanovas.

HISTÓRICO DE ESPECTÁCULOS

Show More

© 2019 Redrum Teatro

  • Facebook Black Round
  • Instagram Black Round
  • Vimeo Black Round